Monday 20 de May de 2024

A Casa da Xuventude abrirá tódolos venres a partir do 24 de maio 


A casa da Xuventude abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos  a actividades e obradoiros; co propósito de satisfacer as necesidades e aspiracións da  mocidade do Concello. 

Segundo anunciou a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, despois dun “proceso de  acondicionamento e da adquisición de mobiliario; estamos preparados para ofrecer o  espazo para todas aquelas actividades multidisciplinares que favorezan o desenvolvemento  persoal, social e profesional da nosa mocidade.” 

A Casa da Xuventude está pensada para ser un punto de encontro inclusivo e dinámico onde  cada mozo e moza poida atopar o seu lugar. A concelleira salientou que dende o goberno  municipal “estamos abertos a calquera proposta para a realización de eventos, obradoiros  ou charlas”. A decisión de abrir tódolos venres – de 5 a 9 da tarde- responde ás demandas  que recibiu a Concellería a través de redes sociais e logo de realizar un proceso de consulta  mediante un pequeno formulario. 

Algunhas das actividades que a Casa da Xuventude acollerá proximamente serán unha  formación e obradoiro audiovisual, proposto pola Asociación Ribeira Crea, e un obradoiro  de respostería creativa en inglés. “Agardamos que a Casa da Xuventude se convirta nun  espazo que reflicta e celebre a diversidade e o talento da nosa mocidade.” concluiu Alberte.

Deja un comentario